Benvido a PrintSudoku.com

Dende 2005 os mellores sudokus diarios para imprimir, descargar e xogar en liña.

Coñeces os sudokus? Son xogos de lóxica moi populares nos que terás que encher unha cuadrícula de 9x9 con números sen repetición. Se non sabes xogar ou queres coñecer algunhas técnicas e trucos para completalos aquí tes as súas regras e algúns consellos.

En PrintSudoku.com cada día publicamos un sudoku completamente novo en 7 niveis de dificultade, con versión magic sudoku para xogar en liña e tamén sudokus para imprimir de alta calidade totalmente gratis.

Tamén temos un enorme arquivo de sudokus orixinais dende 2005 (máis de 5.000 sudokus orixinais) para imprimir ou para xogar en liña.

Atrévete con eles! E se che gusta a páxina compártea cos teus amigos.

Sudoku do día

Cargando

0
00:00

Como xogar ao Sudoku?

Instrucións

  1. Escolle o nivel de dificultade de sudoku que che apeteza no menú despregable da parte superior. Tes 7 niveis para escoller dende moi fácil a moi difícil, incluíndo sudokus máxicos.
  2. Enche as celas. Podes facelo premendo sobre a cela directamente ou ben seleccionando a cela que queiras e premendo no teclado numérico da dereita.
  3. Cando acabes de encher todas, se o fixeches ben, amosarase unha mensaxe dándoche os parabéns. Se tes dúbidas de se encheches ben o sudoku mentres o fas, podes utilizar a función de autocomprobación que che irá avisando dos posibles erros que cometas.

Se nalgún momento queres comprobar os teus números poderás facelo premendo o botón comprobar. Tamén poderás amosar a solución do sudoku ou empezar de novo. Sorte!

Que é o Sudoku?

Historia

O Sudoku, tamén coñecido como südoku, su-doku ou su doku, é o pasatempo (crebacabezas / puzzle) de moda xaponés de tipo lóxico. A historia do sudoku é bastante recente, a pesar de que xa no século XIX algúns xornais franceses xa propuxeran pasatempos de números parecidos, non foi ata os anos 70 cando se desenvolveu o sudoku que coñecemos hoxe en día en Xapón. A partir do ano 2005 (cando empezou printsudoku.com) empezou a popularizarse internacionalmente este xogo lóxico. A palabra sudoku en xaponés significa (sü=número, doku=só).

As regras do Sudoku e a súa dificultade

As regras son sinxelas, consiste nunha cuadrícula de 9x9 celas, dividida en 9 cuadrantes de 3x3, que hai que encher de forma que todas as filas, columnas e cuadrantes (conxuntos de 3x3 celas) posúan os números do 1 ao 9 sen ningunha repetición. Obviamente pártese dun taboleiro empezado con algunhas posicións coñecidas. En xeral, cantos menos números iniciais teña un sudoku máis complicado, aínda que non te deixes enganar. A dificultade non só vén determinada por esta variable. En PrintSudoku.com intentamos sempre que os sudokus que xeramos sexan os máis divertidos e cunha dificultade perfectamente adaptada.

Os Sudokus para que sexan correctos deben posuír unha solución única.

Máxico Sudoku

O Máxico Sudoku é unha variante do sudoku tradicional. Caracterízase por engadir as seguintes restricións ao sudoku orixinal:

  • Cada diagonal principal tamén contén os números do 1 ao 9 sen repetición (ao igual que os cuadrantes, filas e columnas).
  • En cada cuadrante só aparece un único número.
  • Existen celas coloreadas, os números que están en ditas celas teñen que ter un valor igual ou inferior ao número de celas coloreadas do cuadrante no que se atopan.

Este Sudoku é máis complicado, pero tamén bastante máis retador e divertido, anímaste?